Últimas novas

Gañadores tapas Picadillo

img3_960

Xa temos gañadores do concurso de tapas Picadillo. Segundo o veredicto do xurado profesional os afortunados son:
- A Taberna Gaioso logra o Premio Condimento á Mellor Tapa Tradicional pola súa receita: Tortilla de Mexillóns
- Alma Negra pola súa banda gañou o Premio Picadillo á Mellor Tapa Creativa polo seu Cremoso de aguacate con lagostinos, crocante de millo e escuma de limón.

Os membros do xurado concederon ademais unha Mención Especial a La Mercería polo seu Irlandés de fungos e castañas, dentro da categoría creativa.

Nuns días coñecerase tamén o galardón do público, Premio Cidade da Coruña, cuxo resultado depende do reconto de papeletas depositadas durante os días do certame (entre o 13 e 29 de setembro) nas urnas habilitadas para a ocasión nos locais participantes.

Os establecementos participantes ofertarán as tapas durante os próximos tres meses, a un prezo que en ningún caso superará os dous euros, tal e como se establece nas bases do certame. Dende aquí, o noso parabén aos gañadores.