Últimas novas

Faite fan e gaña un voo a Coruña con Air Europa

img4_960

O Consorcio de Turismo puxo en marcha unha campaña online a través do seu perfil en Facebook cuxo obxectivo é converter os visitantes en embaixadores da cidade e que inclúe premios entre os internautas.

Os participantes poderán gañar un dos cinco voos de ida e volta Madrid-A Coruña, para dúas persoas cada un, ofertados pola compañía Air Europa. A aplicación, que estará activa ata o 15 de outubro, ofrece a cada visitante unha recomendación cos plans máis apetecibles para descubrir A Coruña.

Para participar non hai mais que entrar na aplicación dende a páxina de Turismo da Coruña na devandita rede social e seguir os pasos indicados. A través das ferramentas de socialización de Facebook incentivarase a conversación na canle con distintos hashtags (#ferias, #congresos, #gastronomía, #música), sempre baixo o paraugas #Coruñasemueve.

O lanzamento desta campaña forma parte da aposta do Consorcio de Turismo polas promocións online para chegar a millóns de potenciais turistas, xa que internet e as redes sociais son a vía elixida pola maioría dos que deciden organizar unha viaxe ou unha escapada.