Últimas novas

Como é o viaxeiro que nos visita?

img6_960

Con respecto ao perfil do turista que nos visitou, destacar que ten o 58% ten entre 36 e 55 anos, organiza a viaxe por internet, viaxa en parella (45%) ou en familia (41%), chega á cidade no seu coche (78%) e elixe un hotel para aloxarse (49%).

Case a metade dos enquisados (49%) elixiu A Coruña inspirado en Internet ou redes sociais, unha porcentaxe, que se dispara ata o 89% á hora de organizar ou contratar a viaxe.

O estudo tamén reflicte que o 63% se queda polo menos dous días e o 33% xa estivera na cidade e repite destino, datos que confirman que a aposta do Consorcio por fidelizar ao visitante dan bos resultados.
En canto á procedencia dos viaxeiros, o informe revela que o turista nacional segue sendo o que máis visita A Coruña: representa o 75% fronte ao 25% do turismo internacional. Os visitantes nacionais proceden, na súa gran maioría, doutras zonas de Galicia (19,8%), da Comunidade de Madrid (16,6%), Andalucía e Cataluña, cun 12% e 10,6%, respectivamente, destinos estes tres últimos que coinciden coas cidades coas que hai conexión aérea directa.

A nivel internacional, Francia (22%) e Reino Unido (21,2%) -que sobe do cuarto ao segundo posto- lideran o ránking de mercados emisores. O informe tamén reflicte a “sorpresa” de Brasil, que dentro do sector internacional pasa do 4% ao 19% de turistas, situándose como segundo mercado tras Arxentina dentro de América; a afluencia de persoas procedentes do Países Baixos (3,9%) pola conexión aérea con Amsterdam e a presenza cada vez maior de rusos.