Últimas novas

A Coruña, sede do Forum Gastronómico en febreiro do 2014

img1_960

A Coruña reunirá aos mellores cociñeiros no Fórum Gastronómico que se celebrará do 23 ao 25 de febreiro. Unha grande oportunidade para posicionar a cidade como destino de referencia en todo o mundo.

Durante o Fórum Gastronómico organizaranse máis de oitenta actividades. Ademais da gran feira que se celebrará en Expocoruña -punto de encontro de profesionais, produtores e empresas, escaparate das novidades e plataforma de promoción dos produtos locais- o Fórum traerá á cidade espazos innovadores, creadores de tendencias, degustacións gratuítas e aulas de cociña impartidas polos mellores cociñeiros e moitas máis actividades especialmente deseñadas para que o público vexa como traballan os grandes da cociña mundial.

Un auditorio con capacidade para cincocentas persoas en ExpoCoruña e equipado cos últimos medios técnicos permitirán gozar de espectáculos e actividades en directo. Haberá tamén talleres con demostracións de cociña e catas guiadas de produtos agroalimentarios, organizaranse aulas activas con sesións de alta especialización e un ateneo (espazo no que as empresas expositoras do Fórum presentarán os seus produtos e novidades).

Outro dos obxectivos deste grande evento dar a coñecer a excelente gastronomía local a todo o mundo, e atraer visitantes que non queiran perderse a oportunidade de ver de preto ás grandes estrelas da cociña internacional e aos grandes cociñeiros galegos.

Un consello. Sinala xa as datas na túa axenda e prepárate para vivir unha experiencia gastronómica única nun destino delicioso.