Últimas novas

A Coruña rexistra os mellores datos turísticos dende 2007

img5_960

En xullo e agosto aloxáronse nos hoteis da Coruña 99.184 persoas, o que supón un incremento do 19,28% fronte ao 2012 e se confirma como o mellor dato dende o 2007! Se analizamos por meses, agosto reina cun total de 55.035 persoas aloxadas na cidade, un 18,46% máis que no mesmo mes do verán anterior.

Máis datos positivos. O grao de ocupación nos fins de semana alcanza o 71,61%, e a estanza media sitúase en 2,31 noites. Se analizamos o acumulado anual, pasaron pola cidade 246.731 turistas, un 10,22 máis que en 2012.

As oficinas de turismo da Torre de Hércules e a praza de María Pitaatenderon en xullo e agosto a máis de 50.000 persoas -20.349 en xullo e 31.258 en agosto-, o que supón un incremento do 18% respecto ao mesmo período de 2012.