Benvido a #Coruñasemueve
Cidade de vangarda, sempre activa e aberta.
A cidade moderna, urbana e cosmopolita do fin do mundo atlántico.

  • Un destino único

    É moi sinxelo ser diferente, pero moi dificil ser único.

  • Torre de Hércules

    Símbolo de A Coruña e faro da Humanidade. É o faro romano máis antigo do mundo e o único en funcionamento. Declarado Patrimonio da Humanidade en 2009 pola UNESCO.

  • Ocio e negocio

    A Coruña conta cunha ampla rede de museos e unha oferta cultural única, unha excelsa gastronomía e o mellor shopping. Un destino ideal para congresos e convencións, cunha grande oferta hoteleira, onde o negocio é puro pracer.

Newsletter Maio

 Achégase xuño. O mes do lume, da maxia, da diversión, dos bos desexos, das ilusións e novos retos que culminan coa gran festa da cidade: a noite de San Xoan.

Este ano, por primeira vez o solsticio de verán é festivo oficial. Unha escusa perfecta para unha semana enteira de festas, para vivir uns días de desconexión, gozar e dar a benvida á noite máis estupenda e fermosa do mundo, a cal debe gravarse tamén con lume na axenda de todo viaxeiro que se prece. En Xuño A Coruña é un destino máxico e convén ir preparando xa a escapada para que a experiencia na cidade sexa inesquecible.

Esperámosvos!