Benvido a #Coruñasemueve
Cidade de vangarda, sempre activa e aberta.
A cidade moderna, urbana e cosmopolita do fin do mundo atlántico.

  • Un destino único

    É moi sinxelo ser diferente, pero moi dificil ser único.

  • Torre de Hércules

    Símbolo de A Coruña e faro da Humanidade. É o faro romano máis antigo do mundo e o único en funcionamento. Declarado Patrimonio da Humanidade en 2009 pola UNESCO.

  • Ocio e negocio

    A Coruña conta cunha ampla rede de museos e unha oferta cultural única, unha excelsa gastronomía e o mellor shopping. Un destino ideal para congresos e convencións, cunha grande oferta hoteleira, onde o negocio é puro pracer.

Newsletter Marzo

Pasado Fitur a promoción entra nos seus meses máis importantes. A Semana Santa abre a tempada viaxeira, e dar a coñecer a rica oferta da Coruña convértese no obxectivo prioritario do Consorcio de Turismo. Presenza en feiras e workshops, campañas de comunicación e comercialización, viaxes de fidelización, accións de marketing, difusión de contidos a través das redes sociais, organización de xornadas profesionais… son algunhas das accións emprendidas e o punto de partida para unha tempada intensa no que a promoción refírese. #coruñasemueve e canta máis xente decátese, mellor.