Benvido a #Coruñasemueve
Cidade de vangarda, sempre activa e aberta.
A cidade moderna, urbana e cosmopolita do fin do mundo atlántico.

  • Un destino único

    É moi sinxelo ser diferente, pero moi dificil ser único.

  • Torre de Hércules

    Símbolo de A Coruña e faro da Humanidade. É o faro romano máis antigo do mundo e o único en funcionamento. Declarado Patrimonio da Humanidade en 2009 pola UNESCO.

  • Ocio e negocio

    A Coruña conta cunha ampla rede de museos e unha oferta cultural única, unha excelsa gastronomía e o mellor shopping. Un destino ideal para congresos e convencións, cunha grande oferta hoteleira, onde o negocio é puro pracer.

Newsletter Xuño

Por fin chegou. Xuño xa está aquí e con el chega o verán, a luz atlántica que se volve clara e brillante. E como, non a festa do lume: San Xoan, a nosa celebración máis importante.
A cidade enteira embárcase nun evento que cada ano atrae máis xente. A noticia voou. A Coruña en xuño é unha cidade máxica e un destino obrigado na axenda de todo viaxeiro.
Se te animas, velaquí algunha das razóns que explican por que paga a pena visitar esta cidade que ademais de divertida e hospitalaria é liberal, culta, aberta, moderna e cosmopolita. Non cha perdas.