Benvido a #Coruñasemueve
Cidade de vangarda, sempre activa e aberta.
A cidade moderna, urbana e cosmopolita do fin do mundo atlántico.

  • Un destino único

    É moi sinxelo ser diferente, pero moi dificil ser único.

  • Torre de Hércules

    Símbolo de A Coruña e faro da Humanidade. É o faro romano máis antigo do mundo e o único en funcionamento. Declarado Patrimonio da Humanidade en 2009 pola UNESCO.

  • Ocio e negocio

    A Coruña conta cunha ampla rede de museos e unha oferta cultural única, unha excelsa gastronomía e o mellor shopping. Un destino ideal para congresos e convencións, cunha grande oferta hoteleira, onde o negocio é puro pracer.

Newsletter Xullo

Coa chegada do verán, Coruña transfórmase nun destino cheo de atractivos. Festas e actividades varias durante todo o verán, praias con bandeiras azuis ondeando, unha rica axenda cultural e ofertas adaptadas ao peto dos viaxeiros como as que se lanzaron para familias ou as visitas gratuítas guiadas por personaxes. Pequenos detalles que sumados dan forma a un pequeno paraíso que pouco a pouco se situou como un dos mellores destinos onde gozar dunhas vacacións deliciosas. #Coruñasemueve